E D U S I - horizonte 2014-2020
Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado
Un resumo audiovisual sobre a filosofía central do proxecto
EDUSI son as siglas dos novos fondos FEDER (2014-2020) destinados a Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado. Terán unha vixencia de 4 anos e os nosos concellos poden optar a unha axuda de ata 5 millóns de euros. Esta axuda suporá o 80% da inversión estimada, comprometéndose os equipos políticos a reservar orzamento anual para a estratexia.
A EDUSI é tamén un documento, técnico e sistemático, onde os concellos reflexionan sobre as súas problemáticas (e tamén fortalezas) ao tempo que se comprometen a pór en marcha liñas de actuación coherentes con dita análise. A EDUSI será avaliada, en boa medida, pola súa capacidade de desencadear novas dinámicas territoriais. No pragmático, a EDUSI é unha oportunidade para deseñar e entre todas o futuro das nosas vilas. Un futuro que comezaramos a imaxinar co proxecto Camiños Seguros do Morrazo; e que agora convertimos co apoio dos concellos en Morrazo Metropolitano, un proxecto que aposta por un Morrazo Intelixente, Sostible e Integrador.
Os OBXETIVOS da proposta son:


mobilidade e seguridade vial
camiños seguros
intermodalidade
barco nocturno
camiños escolares
bicicletas eléctricas


medio ambiente e patrimonio
coidar a paisaxe
mellora enerxética
rehabilitación de inmobles
bancos de terras
compostaxe


tecido económico e benestar social
nodos comerciais de barrio
recuperar os oficios
turismo sostible
integración social activa
estímulo do asociacionismo


novas tecnoloxías
administración on-line
aprendizaxes dixitais
transporte intelixente
cartografías dixitais