Enquisas públicas

Aquí podes ver os resultados das enquisas. Neles están incluídos tanto as enchidas desde a páxina web como as enquisas recollidas en papel desde distintos lugares: mercados municipais, centros de ensino, asociacións de veciños, eventos informativos puntuais, ...

Paneis de priorización de liñas estratéxicas

Este é o resultado das prioridades elixidas pola cidadanía. Entregáronse adhesivos con Medallas de Ouro (+5 puntos), de Prata (+3 puntos) e de Bronce (+1 punto). Con elas cada unha das 250 persoas participantes marcaron 9 liñas, 3 por tipo de medalla.

A barra laranxa indica o número total de votos de cada unha, pero ves as barritas dentro dela? Son as medallas. Elas son as que marcaron a orde de priorización das liñas cos puntos antes citados.